Publicador de contidos
Publicador de contidos

A calor atrae turismo ás Rías Baixas aproveitando o festivo e o día do ensino

A calor atrae turismo ás Rías Baixas aproveitando o festivo e o día do ensino

Galicia rexistra as mellores temperaturas de España e a auga do mar está morna

G24.gal 02/11/2024 14:42 Última actualización 02/11/2024 17:55

A boa meteoroloxía durante a ponte de Todos os Santos está a encher de turistas algunhas localidades das Rías Baixas. A súa presenza nótase mesmo en Vigo e en Pontevedra.

En Sanxenxo, establecementos como o hotel Carlos I ou o Augusta Spa Resort tiveron que rexeitar reservas para este sábado.

A ocupación está a ser excepcional non só polo bo tempo, senón pola extensión da ponte nos centros escolares que celebraron o Día do Ensino nestas datas.

Dende o mércores e ata o vindeiro luns, o sector manexa rexistros de ocupación nas zonas máis solicitadas do 70 e do 80 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar