A Xunta ofrecerá descontos en cruceiros para mozos e maiores de 65 anos

A Xunta de Galicia sumou a empresa Costa Cruceros ao Carné Xove e Carné +65 para facilitar descontos en calquera tipo de viaxe

G24.gal 17/11/2023 16:49

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asinou esta mañá un acordo co director xeral de vendas de Costa Cruceros para incluír os usuarios do Carné Xove e Carné +65 nos descontos das súas viaxes.

Deste xeito, estas dúas tarxetas ofrecerán a máis dun millóns de galegos vantaxes en calquera dos cruceiros desta compañía. Os descontos estarán dispoñibles a través da páxina web de Costa Cruceros e tamén nas axencias de viaxes que organicen a súa saída.

Fabiola García destacou que este convenio "fai posible que a aventura de ver mundo a bordo dos seus barcos estea ao alcance de dúas xeracións e que fai de Galicia unha terra aínda máis viaxeira para grandes e pequenos”. 

Ademais, a conselleira engadiu que este acordo enmárcase "no desexo da Xunta de ofrecer a cada xeración de galegos a oportunidade de gozar ao máximo de cada etapa, viaxando e aproveitando o tempo libre”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar