A Xunta ofrecerá solo industrial a custo cero durante 8 anos a partir de setembro
A Xunta ofrecerá solo industrial a custo cero durante 8 anos a partir de setembro
O Goberno galego tamén aprobou abrir a consulta pública o proxecto de lei para o impulso da intelixencia artificial
O Consello da Xunta aprobou este luns iniciar os trámites para facilitarlles ás empresas solo industrial a custo cero durante os primeiros oito anos de actividade. O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, lembrou que esta medida era un dos seus compromisos para os cen primeiros días de lexislatura.
A previsión da Xunta é que a medida entre en vigor en setembro e aplicarase en terreos da súa titularidade, xestionados por Xestur. Rueda explicou que o obxectivo desta medida é atraer investimentos a Galicia de sectores estratéxicos, que serán o que terán prioridade, mellorar a competitividade das empresas e xerar emprego industrial.
Na súa reunión semanal o Goberno galego tamén aprobou abrir a consulta pública o proxecto de lei para o impulso da intelixencia artificial en Galicia, que se remitirá ao Parlamento despois do verán.
Rueda afirmou que o texto vai garantir a supervisión humana da intelixencia artificial e vai asegurar que os cidadáns sexan informados cando se use esta tecnoloxía en procedementos administrativos.