A Xunta ofreceralles formación aos traballadores afectados pola venda de Barreras
A Xunta ofreceralles formación aos traballadores afectados pola venda de Barreras
A oferta será para o cento de operarios que non conservan o emprego tras a adquisición do estaleiro polo grupo Armón
A Xunta vailles ofrecer formación aos traballadores afectados pola venda de Barreras. Anunciouno a conselleira de Emprego na primeira reunión da mesa creada precisamente pola venda do estaleiro ao grupo Armón e que supón que só 20 traballadores de Barreras conserven o emprego.
Para o resto, que son un cento, María Jesús Lorenzana dixo que van "ver as posibilidades de emprego noutro tipo de cualificacións profesionais", por iso lles van ofrecer prazas na FP dual.
"Imos ofrecer a formación dual que ten a Consellería de Emprego a disposición das empresas que son 12 millóns de euros que xa están agora mesmo a disposición das mesmas. A Consellería financia a totalidade desta formación dual co compromiso de contratación do 40 % por parte das empresas. Entendemos que moitos destes perfís profesionais, destas cen persoas van poder encaixar nesta formación", di María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego.