Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pagará a finais de ano a extra ás pensións non contributivas

A Xunta pagará a finais de ano a extra ás pensións non contributivas

Uns 37.000 galegos recibirán un complemento de 206 euros

G24.gal 25/11/2021 14:54

O Consello da Xunta aprobou este xoves unha achega de 8 millóns de euros para a paga extra de 206 euros para as pensións non contributivas, que en Galicia cobran unhas 37.000 persoas. Como en exercicios anteriores os beneficiarios non terán que solicitar o ingreso deste complemento, porque xa se paga de oficio. A novidade deste ano é que normalmente se cobraba nos dez primeiros días de xaneiro e agora a Xunta prevé aboala antes de final de ano.

Plan Gaiás

Na súa reunión semanal, o Goberno galego tamén aprobou o segundo plan estratéxico para a Cidade da Cultura do Gaiás. O obxectivo é que haxa máis actividade cultural neste espazo, e que sexa un motor que mobilice 30 millóns de euros.

Entre as metas do plan está duplicar os eventos, superando os 500 cada ano, e conseguir que para o 2027 cada euro que se invista no Gaiás teña un retorno para Galicia de 2,5 euros. A Xunta quere potenciar a Cidade da Cultura como espazo de creación, e para iso vai impulsar o programa de residencias artísticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos