Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pon en marcha unha campaña para evitar accidentes laborais nos traballos en altura

A Xunta pon en marcha unha campaña para evitar accidentes laborais nos traballos en altura

Cada sete días prodúcese un sinistro grave ou mortal por caer desde tellados e cubertas

Instalar redes e varandas e subir ancorados a unha liña de vida son algunhas das recomendacións

G24.gal 10/08/2023 14:34

Reparación de cubertas, colocación de antenas ou de paneis solares son traballos que poden resultar moi perigosos. De feito, se temos en conta só os accidentes graves e mortais por caídas desde altura, prodúcese un cada sete días en España.

Co lema "O importante é baixar con vida", a campaña que pon en marcha o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia pretende reducir estas cifras, que consideran inaceptables a día de hoxe. Subliñan que os sinistros graves prodúcense ás veces en traballos curtos e sinxelos, e que a revisión dunha antena, a colocación dunha tella ou a simple observación dun dano pode custarnos a vida ou unha paraplexía. 

 "Unha de cada catro mortes que se producen en España en accidente laboral en xornada de traballo ten que ver coa caída desde unha cuberta, e do que se trata é de reducir ese número que nos parece inaceptable", di Ángel López, o xefe do centro do ISSGA en Ourense

Para iso en moitas empresas e comunidades de veciños van recibir estes carteis e dípticos informativos, para axudarnos a valorar as ofertas que non aforran na seguridade dos traballadores.

"Dentro das ofertas, o que contrata debe escoller aquela que lle garante que a persoa que vai subir á cuberta o fará con seguridade. O recomendable é instalar protección colectivas pasarelas, varandas e redes de protección. É moi importante tamén é que os traballadores suban ancorados a unha liña de vida", advirte Ángel López, o xefe do centro do ISSGA en Ourense. 

Unha obra que se fai para a primeira suba ao tellado, e que pode encarecer inicialmente o custo pero que se rendibiliza nas seguintes ocasións. Tamén advirten sobre as pequenas chapuzas domésticas, que poden entrañar un risco mortal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade