A Xunta pon tres millóns de euros máis para o proxecto da intermodal de Lugo
A Xunta pon tres millóns de euros máis para o proxecto da intermodal de Lugo
Principio de acordo entre Xunta, Concello e Adif para o arranque definitivo da intermodal
A deficitaria comunicación por ferrocarril é outra das materias pendentes en Lugo. Decisiva xuntanza hoxe en Madrid para desbloquear a construción da estación intermodal.
Houbo achegamentos importantes nas posturas entre Xunta, Concello e Goberno Central. O principal e último atranco para o arranque da estación intermodal é o financiamento do aparcadoiro asociado ao proxecto.
O proxecto levaba anos bloqueado pola falta de acordo sobre este asunto, pero, por fin, parece que hoxe houbo achegamento importante de posturas.
A Xunta incrementou o orzamento que destina á remodelación do edificio da estación de autobuses, que deixará xa de selo cando a intermodal sexa unha realidade, e propón que parte do aumento dese presuposto se destine á construción do aparcadoiro, se así o quere Adif.
En Concreto a Xunta oferta incrementar a súa aportación en tres millóns de euros mais, ata unha aportación total de dez millóns e medio. Boas noticias para Lugo que, se todo vai segundo o previsto, podería contar no 2025 cunha moderna infraestrutura de comunicacións.