Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta prepara un novo paquete de axudas aos máis vulnerables

A Xunta prepara un novo paquete de axudas aos máis vulnerables

Destinará máis de sete millóns a esta iniciativa que integrará a antiga Tarxeta Básica

G24.gal 08/07/2022 16:36

O Goberno galego ultima un paquete de axudas novo destinado aos máis vulnerables. Serán un conxunto de medidas que integrarán a antiga Tarxeta Básica para as familias que máis o necesitan.

A Xunta vai destinar 7,2 millóns de euros nesta iniciativa. Desde a Consellería de Política Social garanten a colaboración coas entidades que mercan alimentos e produtos básicos para auxiliar as persoas que viven en situación de pobreza, dixo en Pontevedra a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade