Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta presenta o programa InnovaTech FP

A Xunta presenta o programa InnovaTech FP

Esta iniciativa busca impulsar proxectos tecnolóxicos dos alumnos de FP e transferir o coñecemento ás empresas

Mobilizaranse máis de 2.000 alumnos e 400 docentes de 100 centros durante dous cursos
G24.gal 25/09/2023 12:49

A Xunta presentou esta mañá o programa InnovaTech FP, unha iniciativa para impulsar a innovación tecnolóxica por parte dos alumnos de Formación Profesional e a transferencia de coñecemento ás empresas. Este proxecto da consellería de Educación mobilizará máis de 2.000 alumnos e 400 docentes dun cento de centros durante dous cursos. 

Financiaranse 90 proxectos de tecnoloxía avanzada para que a investigación feita nas aulas pase ás empresas. O obxectivo: vincular ensinanza e traballo real. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade