Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta preséntalles o proxecto de orzamentos a empresarios e sindicatos

A Xunta preséntalles o proxecto de orzamentos a empresarios e sindicatos

As contas da Xunta para 2025 serán aprobadas a vindeira semana

G24.gal 11/10/2024 18:15

A Xunta de Galicia aprobará a vindeira semana as contas de 2025. Reforzar o investimento en vivenda ou manter as rebaixas fiscais serán algunhas das medidas centrais dos orzamentos que chegarán ao Parlamento o día 20. En xullo dábaselle luz verde ao teito de gasto, que sobe un 2,5 por cento, e sitúase nos 13.954 millóns de euros.

Este venres, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, presentáballe o proxecto dos orzamentos a sindicatos e empresarios. As centrais sindicais reclámanlle á Xunta medidas en materias como vivenda e industria. En cambio, a patronal galega apoia os eixos centrais dos orzamentos autonómicos, aínda que avoga por unha maior rebaixa de impostos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade