Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta prohibe queimas de restos agrícolas e forestais dende o luns

A Xunta prohibe queimas de restos agrícolas e forestais dende o luns

Ata novo aviso non se darán permisos e os que xa están concedidos quedan en suspenso

G24.gal 14/04/2024 18:56

A Xunta de Galicia prohibe dende este luns as queimas de restos agrícolas e forestais a cargo de particulares ata novo aviso ante a "evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume".

Nun comunicado, o Goberno autonómico avanzou que quedan "excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais, debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos".

"Implica que non se darán máis permisos, e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste luns".

A Consellería do Medio Rural pide a "colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade