Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno comprométese ante a Xunta a establecer bonificacións na AP-53

O Goberno comprométese ante a Xunta a establecer bonificacións na AP-53

Preocupación na Xunta por posibles atrasos nas obras da alta velocidade entre Galicia e Portugal

A Xunta reclama unha interlocución directa con Renfe para abordar os problemas nas conexións ferroviarias

Antón Montero 27/06/2024 18:40 Última actualización 27/06/2024 19:53

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, reuniuse en Santiago co secretario de Estado de Transportes.

O Goberno galego trasladoulle a súa preocupación ante a falta de avances na conexión de alta velocidade con Portugal.

Hai pouco máis dun mes, o Goberno portugués garantiulle ao galego que o seu treito de alta velocidade ata a fronteira estararía rematado en 2032. Este xoves, o secretario de Estado de Transportes díxolle ao conselleiro de Presidencia que non cren que se cumpran estes prazos.

 "Preocúpanos porque se o Goberno de España considera que non vai chegar nesa data, preocúpanos que atrase, ralentice ou non lles dea a prioridade necesaria a todos os trámites que hai que facer en España para poder chegar á fronteira no ano 32", afirmou  Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Na mesma xuntanza, Calvo esixiu unha canle directa de interlocución con Renfe ante os reiterados atrasos e avarías, tanto nos trens de media distancia entre Vigo e A Coruña, como nos Avril que conectan por alta velocidade con Madrid.

"Gustaríanos saber ou ter información de primeira man de cales son os problemas que se están a producir, cales son os plans de actuación que vai poñer enriba da mesa Renfe para solucionalos e cando se van solucionar", explica Diego Calvo Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Xunta e Ministerio reuníronse para analizar as obras ferroviarias e lóxisticas pendentes no Corredor Atlántico. Pese a levar ano e medio esperando esta xuntanza, o executivo central non puxo sobre a mesa obras, cifras nin prazos, aínda que si se acordou crear un grupo de traballo para desenvolver este plan. Na mesma xuntanza, o secretario de Estado de Transportes reiterou o seu compromiso de poñer en marcha as bonificacións para os usuarios da AP-53 entre Santiago e Dozón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade