Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta recoñece o talento innovador dos empregados públicos

A Xunta recoñece o talento innovador dos empregados públicos

Alfonso Rueda presidiu este luns a entrega dos premios ao empregado público innovador

G24.gal 18/12/2023 13:33

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu este luns a entrega de premios ao empregado público innovador, creados para estimular e recoñecer a creatividade dos cen mil traballadores que ten administración autonómica. Nesta quinta edición presentáronse 24 solicitudes de dez consellerías.

Na categoría de Identificación de Oportunidades, na que se propón unha solución a un problema concreto, gañou a iniciativa Countdown begins 2020- Mapa térmico de Galicia, que propón usar drons para facer un mapa térmico das cidades en que identificar a perda de enerxía polas cubertas. Na categoría de Temática máis innovadora, para proxectos xa realizados ou en curso premiouse unha iniciativa para controlar a vespa velutina.

Nese acto, Alfonso Rueda agradeceu a implicación dos empregados públicos que innovan para construír unha Administración máis eficiente que mellore a vida da xente. O presidente destacou o "esforzo suplementario" dos traballadores da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade