A Xunta recoñecerá cun distintivo as empresas implicadas na FP Dual
A Xunta recoñecerá cun distintivo as empresas implicadas na FP Dual
Juan Vieites destacou a importancia da colaboración entre empresa e Educación
3.600 empresas galegas participan dalgún xeito na FP
A Xunta vai dar un distintivo ás empresas que forman alumnos na FP Dual, con taxas de emprego do 100 %. Anunciouno hoxe o presidente Alberto Núñez Feijóo nun acto en Santiago con representantes de firmas que colaboran na formación de alumnos de FP.
"Queremos recoñecer e agradecer o compromiso de todas as empresas que colaboran coa FP. Estamos convencidos de que a colaboración entre o sistema educativo e o tecido produtivo é o camiño a seguir para mellorar a competitividade das empresas de Galicia", afirmou Nicolás Espansandín, director do CIPF Politécnico de Santiago.
Pola súa banda, Juan Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, destacou a importancia da colaboración entre empresa e educación. "É evidente que a formación de calidade é unhas das claves para sair da crise, para construir unha economía máis forte. Sen formación non podemos subir ao tren da innovación, a dixitalización, da transición ecolóxica".
O Consello da Xunta aproba este xoves unha nova estratexia para adecuar aínda máis a cualificación da FP á necesidades do mercado. "A FP ten que conectar cos sectores estratéxicos da economía de Galicia. Non imos facer unha FP difusa", dixo Alberto Núñez Feijóo.
3.600 empresas galegas participan dalgún xeito na FP na que hai 60.000 alumnos matriculados, un 70 % máis ca no ano 2009.