A Xunta recorrerá a reforma do regulamento de Costas
A Xunta recorrerá a reforma do regulamento de Costas
As conselleiras do Mar e de Medio Ambiente reuníronse con representantes da cadea mar industria
A Xunta recorrerá no Tribunal Supremo a reforma do regulamento de Costas aprobado polo Goberno. Así llelo trasladaron as conselleiras do Mar e de Medio Ambiente a representantes da cadea mar industria cos que se reuniron.
Rosa Quintana advertiu de que todas as empresas do sector mar-industria asentadas en terreos de dominio público marítimo terrestre van ter dificultades para renovar as concesións. Desde a Confederación de Empresarios insisten na necesidade de cambiar a lei.
"Queren botarnos destes territorios, queren levarnos a polígonos industriais como se isto fora tan fácil e compromete a viabilidade das empresas", di Juan Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
"Van empezar a vir as renovacións das prórrogas das concesións das empresas que están situadas nas zonas de dominio público marítimo terrestre e van ir recibindo notificacións de que non procede a prórroga ou que procede por un ano ou que teñan que encargar determinados informes técnicos que xustifiquen a necesidade de que se atopen instalados no litoral", afirma Rosa Quintana, conselleira do Mar.