Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ata o momento retiráronse do litoral 3.500 quilos de granulado plástico

Ata o momento retiráronse do litoral 3.500 quilos de granulado plástico

O dispositivo despregado pola Xunta tamén recolleu máis de 10.200 quilos doutros plásticos dende o 10 de xaneiro

G24.gal 21/01/2024 11:41 Última actualización 21/01/2024 22:44

O dispositivo despregado pola Xunta para a recollida dos pellets perdidos polo mercante Toconao, en augas portuguesas, permitiu recuperar ata o momento 3.500 quilos deste material, o equivalente a 140 sacos.

Segundo informa o Executivo galego nun comunicado, desde o 10 de xaneiro tamén se retiraron dos areais máis de 10.200 quilos doutros plásticos asimilables a residuos urbanos.

Respecto aos datos do sábado, o persoal mobilizado pola Administración autonómica sacou das praias algo máis de 49 quilos de granulado, o equivalente a uns 2 sacos deste material, e preto de 659 quilos doutro lixo presente na costa que pode depositarse no contedor amarelo.

Este domingo, o operativo de vixilancia, detección e limpeza, estivo integrado por arredor de 350 efectivos repartidos en 44 praias pertencentes a 23 concellos.

No mar, o Servizo de Gardacostas continúa a facer un seguimento da situación mantendo activos os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, catro embarcacións de gran porte e tres patrulleiras de menores dimensións. A maiores, o Goberno central achega un avión e un helicóptero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade