Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta sobe a previsión do PIB a 2,1% e urxe a abordar o financiamento autonómico

A Xunta sobe a previsión do PIB a 2,1% e urxe a abordar o financiamento autonómico

O executivo galego convocará 4.000 prazas nos vindeiros catro anos

O PP tomba a creación dunha comisión de investigación sobre a privatización da AP-9

G24.gal 09/07/2024 15:41 Última actualización 09/07/2024 21:29

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, anunciou este martes que a Xunta convocará "máis de 4.000 novas prazas" no próximos catro anos, ademais de culminar este mesmo ano a estabilización de máis de 6.000 persoas.

Así mesmo, anunciou que se vai a revisar á alza o crecemento do produto interior bruto (PIB) de Galicia para este ano, que aumentará ata o 2,1%. Sobe dúas décimas desde o 1,9% previsto.

Nunha comparecencia a petición propia no Parlamento galego, Corgos volveu urxir a convocatoria do Consello de Política Fiscal e Financeira para abordar o financiamento autonómico de forma "multilateral", pois é o Goberno o que "ten que tomar a iniciativa, algo que leva aprazando de forma indefinida".

A este respecto, Corgos queixouse dun atraso de sete meses do Goberno nas entregas á conta para este ano, o que carrexa un desfasamento de 350 millóns no que vai de ano para Galicia, así como catro millóns de euros en xuros.

Sobre este punto, o conselleiro criticou a "sorpresa" de que Galicia recibirá 21 millóns menos respecto ás cifras comunicadas o pasado mes de decembro e sen que o Executivo central "dese explicacións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade