Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta sostén que os alugueiros aumentarían con máis seguridade xurídica para os propietarios

A Xunta sostén que os alugueiros aumentarían con máis seguridade xurídica para os propietarios

A oferta de vivenda turística aumentou nun 28 % no último ano, mentres se reduce o alugueiro residencial

En Galicia os pequenos propietarios chegan ao 95 %, en contraste con outras comunidades

 

G24.gal 25/05/2024 13:44

A Conferencia sectorial sobre vivenda, con representación do Goberno central e das comunidades autónomas, decidía este venres a creación dunha Plataforma conxunta de datos sobre vivendas turísticas, como demanda a Unión Europea.

Desde o Goberno galego din que está aumentando esa oferta turística e que a falta de seguridade xurídica, pola contra, retrae a moitos propietarios para alugar as súas vivendas todo o ano.

 "Non podemos esquecer que en Galicia o 95 % das vivendas están en mans de pequenos propietarios, incluso mais do 30 % son pensionistas. Polo tanto, son moi sensibles ante calquera cambio de regulación e todas esas vivendas hai que intentar volver darlle tranquilidade aos propietarios para que as poñan no mercado", indica Heriberto García, secretario xeral de Vivenda da Xunta. 

Á limitada oferta de alugueiros convencionais únese que comprar vivenda nos sitúa nun territorio de prezos disparados. Desde a Xunta insisten na necesidade de darlle un pulo á construción de vivenda pública no período 2024-28.

"Conseguir duplicar o parque público de vivenda pasando das catro mil actuais a oito mil a final de período. Xa estamos traballando nelas, temos mil vivendas xa lanzadas, que están en distintas fases de inicio de execución, redacción de proxectos", explica Heriberto García.

Dentro de catro anos tocará analizar se se cumpriron esas previsións. Agora, as distintas Administracións teñen como reto buscar solucións á escaseza de oferta de alugueiros e a uns prezos pouco acordes coas rendas de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade