Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta urxe a Planas a presentar o recurso contra o veto á pesca de fondo

A Xunta urxe a Planas a presentar o recurso contra o veto á pesca de fondo

Quintana reuniuse en Bruxelas cos responsables doutras zonas de Europa prexudicadas pola prohibición

G24.gal 04/11/2022 14:41

A conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, urxiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, a presentar o recurso anunciado contra o veto da UE á pesca de fondo en 87 zonas e solicitar a súa suspensión temporal, antes de que termine o prazo o día 19 deste mes.

Con motivo da súa participación nun encontro en Bruxelas con responsables doutras rexións afectadas por esta prohibición, na que se avaliaron as consecuencias desta medida, Quintana lembrou que a Xunta xa trasladou ao Goberno "os argumentos e fundamentos" dos que dispón para apoiar este recurso, xa que as rexións "non están lexitimadas para presentar", apostilou.

Nunhas declaracións remitidas pola Consellería, tamén insta os armadores a presentar recursos, para o que teñen de prazo ata decembro, algo que xa está a preparar unha das organizacións de produtores que representa a 32 barcos, apuntou, para o que traballan "no deseño de argumentos e fundamentación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar