Cargando resultados...
A Xunta vai dar facilidades para rematar as vivendas inacabadas pola crise de 2008
A Xunta vai dar facilidades para rematar as vivendas inacabadas pola crise de 2008
Farán un cambio na normativa que entrará en vigor cos novos presupostos
O obxectivo é ampliar a vivenda protexida con 25.000 novas unidades nesta lexislatura
G24.gal
06/11/2024 13:18
A Xunta prepara novas medidas para ampliar o parque público de vivendas en 25.000 nesta lexislatura.
Vai cambiar a lei e dar facilidades para que os promotores rematen os edificios inacabados pola crise de 2008. A condición é que a metade do inmoble, como mínimo, se destine a vivenda protexida.
Explicouno a Conselleira de Vivenda durante a vista a un proxecto de vivenda pública de nova construción no Porriño. Farán 60 pisos que se destinarán a alugueiro social, grazas a unha colaboración público-privada. A Xunta achega 3 millóns de euros, o 30 % do presuposto.