A Xunta destinará 8 millóns de euros para o turismo termal
A Xunta destinará 8 millóns de euros para o turismo termal
Alfonso Rueda destaca que Galicia é a primeira potencia termal en España e a segunda en Europa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou este xoves que Galicia é a primeira potencia termal en España e a segunda en Europa.
Rueda anunciou unha achega de oito millóns de euros para modernizar o sector: "Poñemos en marcha unha nova liña de oito millóns de euros para apoiar o turismo termal en Galicia, e o único que pido é que se aproveite, como os responsables do sector saben aproveitar, as boas oportunidades".
O presidente galego destacou que o termalismo reúne todas as características do modelo turístico polo que aposta a Xunta: sostible, de calidade e que permite desestacionalizar a chegada de viaxeiros á comunidade, dixo o presidente da Xunta: "Aquí cabe todo o mundo, non rexeitamos a ninguén, recibímolos cos brazos abertos, queremos que veñan todo o ano, non só en verán, a esta terra hospitalaria que é Galicia".
O sector termal atraeu en Galicia o ano pasado preto de 190.000 turistas.