Cargando resultados...
As autoestradas Vigo-Baiona e A Coruña-Carballo tampouco subirán as peaxes en 2024
As autoestradas Vigo-Baiona e A Coruña-Carballo tampouco subirán as peaxes en 2024
G24.gal
14/12/2023 13:57
Última actualización 14/12/2023 14:12
Por segundo ano consecutivo, en 2024 manteranse os prezos para circular polas autoestradas autonómicas entre Vigo e Baiona e A Coruña e Carballo. O Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves a conxelación das peaxes e o mantemento das bonificacións.
Para manter, por segundo ano consecutivo, a conxelación das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica, a administración destinará unha partida de 5,5 millóns prevista nos orzamentos para o ano que vén. Segundo a Xunta, estas medidas beneficiarán a unha media de 28.000 usuarios diarios.
Na rolda de prensa posterior á xuntanza do Goberno galego, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediulle ao Goberno de España que imite a medida na AP-9 e na autoestrada Santiago-Dozón.