Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza brasileira impídelle a Bolsonaro presentarse ás vindeiras eleccións por "abusos de poder"

A xustiza brasileira impídelle a Bolsonaro presentarse ás vindeiras eleccións por "abusos de poder"

O expresidente queda inhabilitado por un prazo de oito anos

G24.gal 30/06/2023 19:35

O expresidente brasileiro Jair Bolsonaro foi desposuído este venres dos seus dereitos políticos.

A xustiza electoral declarouno culpable de "abusos de poder" durante a campaña que o ano pasado levou ao poder o progresista Luiz Inácio Lula da Silva.

Con esta decisión, adoptada por cinco votos fronte a dous no Tribunal Superior Electoral (TSE), o líder da ultradereita, de 68 anos, non poderá concorrer a cargos electivos nin exercer postos na Administración pública durante un prazo de oito anos, contados a partir de outubro de 2022, cando se celebraron os comicios gañados por Lula.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade