Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza europea avala converter os interinos en fixos para sancionar os abusos de temporalidade

A xustiza europea avala converter os interinos en fixos para sancionar os abusos de temporalidade

O TXUE dá resposta á petición de tres traballadoras interinas da Generalitat de Cataluña que alegaban que o seu traballo respondía a necesidades ordinarias, duradeiras e permanentes

G24.gal 13/06/2024 11:29

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) sentenciou este xoves que os contratos do persoal interino da administración pública que encadean varios contratos temporais deben converterse en indefinidos para castigar e previr abusos na administración pública.

A sentenza dá resposta á petición de tres traballadoras interinas da Generalitat de Cataluña e cuxa praza quedou ocupada por un funcionario de carreira que alegaban que o seu traballo non respondía a necesidades temporais, urxentes e excepcionais, senón ordinarias, duradeiras e permanentes, algo que consideran abusivo por parte da administración, e solicitan que o seu contrato temporal de longa duración se transforme en indefinido.

Tamén pediron unha compensación económica de 18.000 euros ou dunha cantidade apropiada, como sanción polo recurso abusivo a sucesivos contratos ou relacións laborais de duración determinada do que alegan ser vítimas, algo que a administración nega, debido a que practicamente cada ano houbo convocatorias de acceso ás prazas ocupadas polas traballadoras.

Na súa sentenza, o TXUE dá a razón ás traballadoras e sinala que, a falta de medidas adecuadas na lexislación nacional para previr e, no seu caso, sancionar os abusos, a conversión dos contratos ou de duración determinada en indefinido pode constituír unha medida adecuada de prevención e reparación de abuso, aínda que lembra que corresponde aos xulgados nacionais garantir que esa conversión non implica unha interpretación contraria á lei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade