Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xustiza europea prohibe a caza do lobo mentres o seu estado de conservación sexa desfavorable

A Xustiza europea prohibe a caza do lobo mentres o seu estado de conservación sexa desfavorable

O caso chega procedente de Austria, pero ten repercusións no resto dos estados membros

G24.gal 12/07/2024 08:41

A Xustiza Europea prohibe a caza do lobo mentres o seu estado de conservación sexa desfavorable. O caso chega procedente de Austria, pero ten repercusións no resto dos estados membros. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea rexeita permitir excepcións para a caza do lobo, unha especie estritamente protexida polas normas comunitarias.

A Alta Corte da UE argumenta na súa sentenza que a Directiva Hábitats ofrece aos lobos unha protección rigorosa e que a súa caza está prohibida mentres o seu estado de conservación sexa desfavorable. Así acontece na rexión do Tirol, de onde chega o caso avaliado polos xuíces europeos, e en toda Austria. Polo tanto, a súa caza seguiría prohibida, como no resto de estados membros cunha conservación desfavorable, como é o caso de España. Hai excepcións para abater un exemplar de lobo. Se provoca danos graves, por exemplo na gandería, sempre que non haxa outras solucións e só se o estado de conservación da especie é favorable. Pero o Tribunal con sede en Luxemburgo lembra que a UE ten asinados convenios internacionais que protexen estritamente o lobo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar