Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido un cazador en Carnota ao dispararse por accidente a arma dun compañeiro

Ferido un cazador en Carnota ao dispararse por accidente a arma dun compañeiro

A bala non acadou ningún órgano vital e o home está estable

G24.gal 23/12/2024 15:54

Un cazador quedou ferido no abdome ao disparárselle accidentalmente a arma dun compañeiro ao remate dunha batida en Carnota.

O accidente tivo lugar este domingo sobre as seis da tarde, no monte de Cornido, en Carnota, cando o grupo de cazadores se estaba recollendo despois dunha batida de xabaril. No momento de subir a un dos vehículos, unha arma disparouse accidentalmente, dirixíndose ao condutor. 

O suceso aconteceu nesta pista que dá acceso ao monte de San Mamede desde o lugar de Cornido e onde os cazadores, da Sociedade Cinexética Carnotana, estaban a recoller as armas e outros equipamentos para abandonar a zona tras unha batida ao xabaril. No momento en que o ferido ía poñerse ao volante dun vehículo, a arma dun compañeiro disparouse accidentalmente, atravesando o perfil metálico do coche e, despois de rebotar, impactou no abdome do afectado.

O grupo de caza avisou inmediatamente a Policía Local de Carnota e o 112, que mobilizou unha ambulancia para trasladar o ferido ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, onde foi intervido. Malia a magnitude da ferida, a munición non chegou a afectar ningún órgano vital, e o paciente permanece estable.

O afectado é un veciño de 50 anos de Carnota con vínculos familiares en Cornide, onde tivo lugar o accidente. A Garda Civil aprehendeu a escopeta relacionada co accidente, que está agora en intervención de armas en Noia e abriu unha investigación para esclarecer o acontecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade