Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza rexeita indemnizar as concesionarias das autovías galegas

A xustiza rexeita indemnizar as concesionarias das autovías galegas

As entidades reclamantes argumentaban que o confinamento e as restricións de movementos decretados durante a pandemia imposibilitaron explotar as concesións

O xulgado di que a Administración non pode asumir as consecuencias económicas da crise sanitaria

G24.gal 12/04/2023 13:27 Última actualización 12/04/2023 20:21

A xustiza rexeita indemnizar as concesionarias das autovías galegas que viron como se reducía o tráfico de vehículos durante a pandemia. As dúas primeiras sentenzas danlle a razón ao Goberno galego, que recorreu contra as compensacións.

As entidades reclamantes argumentaban que o confinamento e as restricións de movementos decretados durante a pandemia imposibilitaron explotar as concesións nos termos da súa adxudicación.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago acaba de negar que a Xunta teña que compensar economicamente esa perda de ingresos, tanto no caso desta autovía do Barbanza como na que enlaza Ourense e Celanova.

A sentenza do tribunal apunta que non poden pretender esas empresas que a Administración asuma todas as consecuencias económicas da crise sanitaria e percibir así os seus ingresos habituais, como se nada acontecese.

Contra estas sentenzas cabe recurso, pero todo apunta a que seguirán o mesmo percorrido que outros casos a nivel estatal. Das 10 peticións presentadas, só a autoestrada León-Asturias foi indemnizada.

A Xunta agarda que outras sentenzas que están pendentes sobre estas compensacións a concesionarias das autovías, tamén vaian no mesmo sentido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade