A Zarzuela difunde novas imaxes de Filipe VI no despacho polos dez anos de reinado
A Zarzuela difunde novas imaxes de Filipe VI no despacho polos dez anos de reinado
Un aniversario marcado pola renovación, a convulsión política e o seu pai
A Casa do Rei prevé conmemorar a data cunha serie de actos durante o próximo ano
O vindeiro mércores fai dez anos da proclamación de Filipe VI. Ese día celebraranse os actos de conmemoración do aniversario. E como parte desta celebración, a Casa Real distribuíu novas imaxes de Filipe VI traballando no seu despacho.
Entre os actos do vindeiro mércores destacan o relevo solemne da Garda Real, a entrega de conmemoracións a cidadáns anónimos ou un concerto na praza de Oriente.
Nas imaxes difundidas vemos ao rei traballando no despacho da Zarzuela e lendo varios documentos mirando pola fiestra.
As fotografías únense as publicadas o pasado 24 de maio, cando fixo 20 anos do matrimonio dos reis. Naquelas instantáneas podiamos ver a don Filipe e dona Letizia canda as súas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía, con 18 e 17 anos respectivamente, nos xardíns do Campo do Moro en Madrid.