Abandona o seu Madrid natal para ser agricultora en Vilalba
Abandona o seu Madrid natal para ser agricultora en Vilalba
Aplica técnicas ecolóxicas e rexenerativas e vende no mercado local
Di que a paixón pola terra foi a súa principal motivación
Cando se sente a chamada da terra, hai que atendela. Iso pensou Amanda López cando deixou o seu Madrid natal e se trasladou a Vilalba cos seus fillos para cultivar hortas e, sobre todo, para aprender coa observación da natureza.
"Sempre quixen ter unha explotación. Primeiro para a casa e logo como negocio. Cada día gústame máis isto. E nas oficinas non te tratan como en Madrid".
Amanda aplica diferentes técnicas de agricultura ecolóxica e rexenerativa e comercializa directamente os seus produtos na praza de abastos de Vilalba en colaboración con outros agricultores. Madrid xa é só unha lembranza.
"Diciamos de broma que a nosa produción de patacas daba para unha tortilla francesa. Agora aprendemos moito e xa temos numerosos clientes".
O clima, o idioma ou a forma de vida diferente son atrancos superables cando un fai o que sempre quixo facer.