Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía investiga a Abascal tras dicir nunha entrevista que o pobo quererá colgar a Sánchez dos pés

A Fiscalía investiga a Abascal tras dicir nunha entrevista que o pobo quererá colgar a Sánchez dos pés

Os socialistas consideran que estes feitos poder ser constitutivos dun delito de inxurias, calumnias e incitación ao odio

A Fiscalía deben analizar se os feitos son punibles na Arxentina, onde se realizou a entrevista

G24.gal 19/01/2024 16:06 Última actualización 19/01/2024 17:39

A Fiscalía do Tribunal Supremo abriu dilixencias de investigación contra o líder de Vox, Santiago Abascal, polas súas declaracións sobre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao diario arxentino Clarín. Nelas, Abascal chegou a dicir que "haberá un momento dado que o pobo quererá colgalo dos pés".

O PSOE presentou o pasado 13 de decembro unha denuncia ante a Fiscalía Xeral do Estado contra o presidente de Vox, acusándoo de "atacar ao pensamento político socialista" e de "incitar ao odio e mesmo á violencia" tras dicir que o pobo quererá "colga" a Pedro Sánchez "dos pés".

Os socialistas consideran que estes feitos poder ser constitutivos dun delito de inxurias, calumnias ou ameazas graves ao Goberno, así como tamén pode ser considerado como un delito de incitación ao odio.

O PSOE recolle na súa denuncia as declaracións de Abascal sobre Sánchez nunha entrevista realizada polo diario arxentino Clarín, cando acudiu a Arxentina con motivo da toma de posesión do novo presidente, Javier Milei.

"Eu teño uns principios. Non podo vendelos. Sánchez non ten ningún. Pode pisar as leis, pode facer calquera cousa, pode poñer en risco a unidade nacional. Iso dálle unha vantaxe competitiva. Haberá un momento dado que o pobo quererá que quererá colgalo dos pés", dixo.

Dous días máis tarde, o partido de Abascal considerou que as súas palabras foron "unha metáfora" sacada de contexto.

No seu decreto de incoación de dilixencias de investigación, a Fiscalía lembra que a xurisprudencia do Supremo esixe que para que exista unha incitación ao odio, "a conduta ha de representar un perigo certo de xerar un clima de hostilidade e violencia" a determinados grupos, que segundo o alto tribunal, non serían en principio os partidos políticos.

Tamén explica que hai que concretar o contexto da entrevista para ver se concorre ou non a inviolabilidade da que gozan os deputados nas súas manifestacións no exercicio das súas funcións.

Tras iso, deben analizar se os feitos son punibles en Arxentina, por ser o lugar onde se realizou a entrevista, e se as súas palabras se atopan amparadas pola liberdade de expresión "que goza duns espazos moi amplos na crítica política".

Iso si, di que "non cabe desconectar a entrevista" do "momento dunha grave axitación política" na que asociacións e grupos de ideoloxía afín a Abascal, como a marca xuvenil de Vox, Revolta, "promoveron unha multitude de incidentes violentos" contra as sedes do PSOE.

A Fiscalía tamén indica que Abascal asistiu a esas concentracións, que "terminaron en ocasións con enfrontamentos violentos coas forzas de seguridade" ás que o líder de Vox "pediu que non obedezan as seus mandos".

Por todo iso, a Fiscalía acorda incoar dilixencias de investigación penal e pedir ao diario Clarín unha copia da entrevista e á oficina xudicial que remita as declaracións en X de Abascal sobre a entrevista e as concentracións en sedes socialistas, a cuxos convocadores en Ferraz pide identificar.

Así mesmo, tamén solicita incorporar á investigación as resolucións xudiciais e fiscais sobre a causa aberta no xulgado de Instrución número 36 de Madrid polo seguinte comentario na rede social X: "Abascal e Monasterio colgados da ponte de Vallekas como os seus ídolos italianos #VallekasAntifascista". Vox exerce a súa acusación neste procedemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade