Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abascal propoñerá á cúpula de Vox romper todos os gobernos autonómicos co PP

Abascal propoñerá á cúpula de Vox romper todos os gobernos autonómicos co PP

O líder da formación de ultradereita cre que o acordo sobre a acollida de menores migrantes non lle deixa outra saída

O PP acusa a Vox de empregar a inmigración como coartada. Feijóo di que "o que me preocupa é ser coherente co que un pensa"

Santiago Abascal, este xoves no Congreso (Europa Press/Eduardo Parra)
G24.gal 11/07/2024 13:49 Última actualización 11/07/2024 19:56

O presidente de Vox, Santiago Abascal, vai propoñer esta tarde ante a cúpula do partido romper todos os pactos de goberno autonómicos co PP ao considerar que o acordo das comunidades autónomas sobre a repartición de menores inmigrantes non acompañados non lles deixa outra saída.

Abascal xa advertiu a semana pasada que rompería co PP se finalmente os presidentes de Castela e León, Aragón, Comunidade Valenciana, Estremadura e Murcia, todos do PP, aceptaban acoller menores nas súas comunidades, como así decidiron onte á noite na Conferencia Sectorial de Infancia e Familia celebrada en Tenerife.

Fontes do partido aseguraron que o líder de Vox mantén esa posición ao considerar que non lle deixan outra saída e crer que non podería saír á rúa se non mantivese a súa palabra, e que, se así fose, tería que deixar de ser presidente do partido.

Esta mesma mañá, Santiago Abascal recalcou que poñerán "pé en parede" e estarán ao lado dos seus electores.

En declaracións aos xornalistas nos corredores do Congreso, Abascal non quixo adiantar a decisión, pero acusou o líder do PP Alberto Núñez Feijóo de tentar "desde o principio" impedir os pactos rexionais con Vox. "Non parou ata convertelos en imposibles".

Engadiu que Feijóo é o responsable de que Pedro Sánchez siga como presidente do Goberno, mentres que "Vox non ten outra aspiración que representar honradamente e dignamente os seus votantes".

"E a nós non nos votou ninguén para aceptar a política migratoria de Pedro Sánchez, nin a repartición de xuíces nin a repartición de menas", subliñou.

Na súa opinión, Vox está "só" fronte á "traizón de Sánchez" e a "estafa de Feijóo", que "fan como que se pelexan mentres reparten" as institucións.

A decisión de romper os acordos afectará a todos os gobernos autonómicos que comparte co PP, non aos concellos, ao considerar que non teñen nada que ver nesta crise co PP, segundo as fontes.

O CEN está presidido por Abascal, con Ignacio Garriga como vicepresidente e secretario xeral e Pablo Sáez como tesoureiro, e conta con 17 vogais, entre os que están os catro vicepresidentes autonómicos de Vox: Juan García-Gallardo (Castela e León), Alejandro Nolasco (Aragón), Vicente Barrera (Comunidade Valenciana) e José Ángel Antelo (Murcia).

Feijóo sobre se Vox rompe os pactos: "O que me preocupa é ser coherente co que un pensa"

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este xoves a importancia de ser "coherente co que un pensa" no medio da crise aberta con Vox e a posible ruptura dos pactos autonómicos que manteñen ambas as formacións.

"O que me preocupa é ser coherente co que un pensa", declaraba Feijóo nos corredores do Congreso ao ser preguntado expresamente se ao PP preocúpalle que a formación de Santiago Abascal decida esta tarde dar o paso de romper eses acordos de goberno. 

Desde as filas do PP acusaron a Vox de ser "irresponsable" e de empregar a acollida de menores migrantes como "coartada" para romper os gobernos de coalición cando detrás hai "outras circunstancias".

O dirixente popular Elías Bendodo sostivo en declaracións aos xornalistas no Congreso que Vox non se puxo en contacto coa dirección nacional do PP nin onte, nin hoxe, nin nos días previos, nos que xa avisaron de que romperían se o PP aceptaba a acollida.

O tamén vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local do PP sinalou que este xoves Vox ten que decidir "que queren ser, un partido de goberno ou un partido para protestar".

Varios dirixentes do PP cargaron este xoves contra o movemento de Santiago Abascal. A secretaria xeral do PP Cuca Gamarra dixo nunha entrevista con Antena 3 que é "absolutamente desproporcionado", que lle soa "máis a unha escusa e a unha coartada que a outra cousa" e que Vox "está a ser absolutamente irresponsable só por expor un órdago destas características".

"Vox é o que ten que explicar as súas decisións se é que finalmente as toma, pero eu creo que nin os seus cargos nin moito menos os seus votantes as entenden", dixo pola súa banda o portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, á súa chegada aos corredores da Cámara Baixa.

Os dirixentes do Partido Popular apuntaron ademais que no caso de que Vox consuma a ruptura, os seus presidentes autonómomicos "darán estabilidade a eses gobernos no marco que teñan que dala" porque "seguro" que teñen un plan B.

Rueda critica a Vox e subliña que "canto menos se goberne con extremismos mellor"

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou a Vox por pretende usar "como argumento para romper gobernos" que as comunidades do PP sexan "solidarias" e reclamen á vez a planificación da política migratoria, o que demostra, na súa opinión, que "canto menos se goberne con extremismos, mellor".

Rueda celebrou que Galicia non teña que pasar por esta crise ao gobernar o PP con maioría absoluta, "o que fala moito do sentidiño dos galegos e de evitar extremismos que, ás veces, chegan a estas situacións que non a estas situacións que non teñen moito sentido".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade