Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre ao público o visor submarino Nautilus en Vigo

Abre ao público o visor submarino Nautilus en Vigo

A estrutura permite observar a biodiversidade dos fondos que se están a rexenerar no porto

G24.gal 24/03/2023 16:12 Última actualización 24/03/2023 16:44

O Nautilus non é un acuario, senón unha fiestra en que observar o traballo científico de recuperación de biodiversidade que se está a facer no porto de Vigo.

O que aquí se vai observar co paso dos meses é como, grazas ao bioformigón e os acubillos, ducias de especies van ir colonizando a dársena.

É un dos proxectos estrela da autoridade portuaria que gañou con este proxecto o coñecido como Óscar ambiental dos portos do mundo.

O visor, de acceso gratuíto, estará aberto nas fins de semana para o público en xeral e pola semana para escolares. Unha viaxe submarina a moi poucas leguas do centro da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos