Batida de universitarios contra vexetación invasora no Parque de Corrubedo
Batida de universitarios contra vexetación invasora no Parque de Corrubedo
Arredor de 150 mozas e mozos arrincan planta a planta miles de exemplares de carpobrotus edulis nas proximidades do faro
Os arredores do faro de Corrubedo están infestados dunha planta que se estende polo solo sen moita esixencia de nutrientes. Carpobrotus edulis, herba do coitelo, unlla de gato... son denominacións desta especie perenne, orixinaria de África do Sur e aquí unha invasora que mata as propias do litoral galego.
Pilar Alves, coordinado xeral de Afundación explica como actúan as especies invasoras afogando as plantas autóctonas.
Preto de 150 mozas e mozos participaron nesta acción de voluntariado universitario. Entre eles, Xaquelín e Fernando, que nos falan da tarefa que tiñan por diante esa mañá do último xoves de agosto.
Pertencen á Universidade Intercontinental da Empresa cunha acción ambiental coa que tamén chaman a desbotar esta planta como ornamental.
Saleta González, directora técnica do proxecto, insta a que o primeiro que fagamos para frear o problema é non utilizar o carpobrotus edulis como ornamental nin a tiremos en calquera sitio. Tamén explica o modo correcto de extraela sen deixa sementes no terreo.
Ademais de retirar unha colonizadora da flora galega aprenderon o que esta especie supón. Planta a planta neste proxecto levan retirado cinco toneladas desta invasora do terra galega.