Abre o prazo para a adhesión de comercios en que empregar o bono deportivo da Xunta
Abre o prazo para a adhesión de comercios en que empregar o bono deportivo da Xunta
A achega será de ata 120 euros para menores federados entre 6 e 16 anos
A Xunta abriu o prazo para a adhesión de establecementos comerciais en que empregar o bono de 120 euros para a compra de material deportivo para menores federados de 6 a 16 anos.
A publicación este luns no Diario Oficial de Galicia das bases das subvencións abre o período de inscrición dos establecementos, que poderán unirse ao programa ata o próximo 30 de decembro.
O bono deportivo da Xunta, con 120 euros para axudar as familias con menores de 6 a 16 anos federados nalgunha disciplina deportiva, estará dispoñible para descargar desde o 8 de xaneiro e ata o 29 de febreiro. Ademais, poderase usar ata o 1 de xullo de 2024.
Dotado cun investimento de máis de 16 millóns de euros, este cheque destinarase a comprar material e equipamento deportivo ou a realizar a actividade deportiva en cuestión. Funcionará como un desconto do 80 por cento do gasto realizado, ata esgotar a contía de 120 euros.
O gasto deberá realizarse en establecementos comerciais e entidades deportivas que se adhiran ao programa, para o que terán de prazo ata o 30 de decembro deste ano