Abre unha nova edición de Vigolandia en Cotogrande
Abre unha nova edición de Vigolandia en Cotogrande
Ten unha pista de obstáculos de 145 metros de longo, inchables, unha ponte tibetana de 50 metros e unha tirolesa da mesma distancia
Este martes abriu no recinto de exposicións de Cotogrande unha nova edición de Vigolandia, un enorme parque de atraccións para goce dos nenos e dos seus pais.
Os inchables son o elemento que máis espazo ocupa, cunha pista de obstáculos de 145 metros de longo, ou un wipe out de 70.
Este ano ademais aumenta a sensación de aventura cunha ponte tibetana de cincuenta metros de longo e unha tirolesa da mesma distancia.
Novas atraccións, xunto ás xa habituais neste parque infantil que abre polo Nadal.
Se os cativos teñen razóns abondo para pagar os seis euros de entrada e pasar o día xogando, algúns pais, porén, poñen pegas polo prezo. Aínda así aproveitan a ocasión para relaxarse e divertirse coma os propios nenos.
O parque abre ao mediodía ata as oito do serán. Dezanove edicións van xa deste evento.