Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cáritas abre unha nova tenda en Ourense

Cáritas abre unha nova tenda en Ourense

Son establecementos solidarios, que se nutren das doazóns ao roupeiro da ONG

Pretenden dignificar o acceso dos máis necesitados a algo tan básico como a roupa e o calzado

G24.gal 03/04/2024 14:19

En plena Praza Maior de Ourense, a escasos metros do concello, abre as súas portas a nova tenda de Cáritas en Galicia. Nútrense das doazóns que chegan ao roupeiro de Cáritas e tamén de empresas do sector.

"Produto de primeira e de segunda man. O que se busca é que cumpran as mesmas funcións que tiñan os rouperios: para nenos, homes e mulleres e tamén roupa de cama", explica María Luz Jorge, unha das promotoras da tenda.

As persoas que o necesitan poden adquirilas a custo cero mediante unha acreditación cun código QR, sen que o resto dos clientes saiban se pagaron ou non.

"O que se busca é a dignificación da entrega. Os roupeiros fixeron un labor inmellorable durante moitos anos, pero, co paso do tempo, o que se procura é que estas persoas se sintan integradas", sinala María Luz.

Tamén hai un obxectivo de integración laboral para persoas en risco de exclusión social. Os beneficios que xeran as tendas, destínanse a este fin.

"Unha persoa que antes doaba un pantalón, agora, ademais, xera emprego e fomenta o consumo responsable. Creo que non se lle pode pedir máis a unha simple acción", di María Tabarés Domínguez, directora de Cáritas Diocesana de Ourense.

Malia que Cáritas ten máis puntos de distribución, esta é a oitava tenda destas características na nosa comunidade, 150 en toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos