Abren a porta á repetición electoral en Kosovo
Abren a porta á repetición electoral en Kosovo
O primeiro ministro insinúa a posibilidade de novas eleccións tras falar coa Casa Branca
Dende a Unión Europea tamén piden repetir os comicios
O conflito segue aberto entre albaneses e serbios por varias alcaldías do norte de Kosovo
O conflito entre os distintos grupos nacionais en Kosovo continúa, como as protestas de albaneses que culpan os serbios das tensións ao norte do país. O primeiro ministro de Kosovo, Albin Kurti, abriu a porta a convocar novas eleccións no norte do país, despois de falar coa Casa Branca e varios senadores estadounidenses.
Unha petición que xa fixeron tamén Francia e Alemaña e a mesma Unión Europea. E é que estas tensións estouparon cos comicios en que foron elixidos alcaldes albaneses, o que causou a protesta dos serbios.