Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acampada no concello de Vigo para mercar entradas para o concerto de David Guetta

Acampada no concello de Vigo para mercar entradas para o concerto de David Guetta

O DJ e produtor musical estará o domingo no auditorio de Castrelos

Mais de 50 horas de cola para mercar as 2.500 entradas á venda en despacho

G24.gal 14/08/2023 14:36

Milleiros de persoas desfilaron hoxe pola praza do Rei, en Vigo, para acadar unha das cobizadas entradas para o concerto do DJ francés David Guetta.

Os primeiros levaban case oitenta horas na cola, e centos quedaron esperando para as entradas que saían á venda ás catro e media da tarde.  

E serán moitos milleiros os que acampen a véspera do concerto para desfrutar de balde da música do disc-jóckey francés. 

73 horas de longa espera para acadar o ben musical máis prezado do momento: As entradas para o concerto de David Guetta do domingo vindeiro en Castrelos.

As primeiras entradas foron para un grupo de irmáns que se instalaron nas portas do Concello o sábado, ás seis e vinte da mañá.

Din que pagou a pena e tamén: "Pensabamos que a xente ía vir antes. A xente empezou tarde a vir, o domingo ao mediodía. Pero foi divertido, á parte como foi O Marisquiño estivemos entretidas, entón ben". 

Todos coinciden en que a espera pagou a pena, nun ambiente respectuoso e festivo.

"Nós chegamos ás nove e media da noite. Aquí hai un ambiente estupendo, uns xogando ao bingo, outros con cubatas, outros bailando e despois durmindo un pouquiño tamén. E de marabilla, aquí estamos con moitas ganas de ver a David Guetta", "Fanse amigos, e a verdade é que moi ben", "A xente é moi solidaria e facemos remudas para ir ao baño ou tomar un café, é moi ameno, fíxose curto, a noite moi divertida", comentan algúns dos que fixeron noite na praza do Rei. Outro mesmo pensaba que ía haber moita troula, pero que durmiu sen problemas.

Algúns quéixanse polo cambio nas normas para evitar problemas á hora de mercar entradas: "Estamos enfadados porque ata agora ti colocábaste alí e tiñas o DNI doutra persoa que logo viña. Agora dixeron que non e perdemos catro entradas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade