Publicador de contidos
Publicador de contidos

ACEGA recada máis de 600 quilos de alimentos sen glute para os celíacos da Palma

ACEGA recada máis de 600 quilos de alimentos sen glute para os celíacos da Palma

ACEGA e os socios achegaron 800 euros para mercar produtos sen glute

Puxéronse 19 puntos de recollida por Galicia onde a xente acudiu a doar

Caixas cos produtos sen glute que se enviaron á Palma Caixas cos produtos sen glute que se enviaron á Palma
G24.gal 29/10/2021 13:40

A Asociación de Celíacos de Galicia, ACEGA, recadou máis de 600 quilos de alimentos sen glute para os celíacos da illa da Palma. Coa situación que se está a vivir alí, os celíacos non teñen acceso a alimentos e é moito máis difícil atopalos.

ACEGA aportou 500 euros en alimentos e algúns socios colaboraron economicamente con outros 300.

Ademais, a través da campaña 'Xuntos Sumamos' e coa axuda de establecementos asesorados, puxéronse 19 puntos de recollida espallados por toda a comunidade aos que a xente acudía a doar.

Conseguiron recadar máis de 600 quilos de alimentos, que xa se enviaron á Palma, e deste xeito poder axudar ao colectivo celíaco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade