Aceptación da eliminación da obrigatoriedade da cita previa na Xunta
Aceptación da eliminación da obrigatoriedade da cita previa na Xunta
Era unha demanda dos colectivos de maiores
Nas instalacións da Xunta en Vigo xa conviven este sábado pola mañá a cita previa e a posibilidade de ir sen cita. Moitos prefiren a cita previa por non agardar, por non planificar os horarios. Son sobre todo as persoas novas ou de mediana idade que manexan ben as novas tecnoloxías.
Porén, tras as demandas dos colectivos de maiores, a Xunta apostou por eliminar a obrigatoriedade da cita previa nas 171 dependencias que ten a Administración galega. Algo tamén moi ben entendido polos usuarios, xa que para os que non teñen Internet pedir cita reviste certa dificultade.
Vanse manter as dúas modalidades con e sen cita, o que non se eliminan son os números de quenda. Tamén os funcionarios, malia o esforzo que lles supón, entenden a decisión. As citas pódense obter presencialmente, por teléfono e por Internet. As oficinas de Facenda, Tráfico e Seguridade Social, dependentes do goberno central seguen coas citas previas pero xa informaron de que darán prioridade ás persoas maiores.