Publicador de contidos
Publicador de contidos

Becerreá prepárase para acoller 69 persoas refuxiadas que arribaron ás Canarias

Becerreá prepárase para acoller 69 persoas refuxiadas que arribaron ás Canarias

Chegarán o martes 30 de xullo e vivirán nun hostal alugado para este fin

G24.gal 21/07/2024 14:30 Última actualización 21/07/2024 14:55

Entre as persoas refuxiadas procedentes das Canarias que van chegar a Galicia nos próximos días, 69 terán como primeiro destino o concello lucense de Becerreá.

Vivirán nun hostal arrendado para ese fin. A súa propietaria séntese afortunada de poder botarlles unha man.

Non é a primeira vez que este municipio, de 2.800 habitantes e cun forte problema de despoboamento, acolle poboación migrante.

Segundo o alcalde, é tal a necesidade de man de obra, que se estas persoas tivesen xa o dereito de traballar, ao día seguinte da súa chegada xa poderían asinar o seu primeiro contrato laboral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade