Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno galego destinará 8,5 millóns para apoiar a contratación de máis de 500 desempregadas

O Goberno galego destinará 8,5 millóns para apoiar a contratación de máis de 500 desempregadas

Destinará este diñeiro a máis de 180 entidades que ofrezan ás persoas desempregadas unha experiencia profesional que facilite a súa inserción

G24.gal 20/07/2023 10:37

O Consello da Xunta ven de aprobar varios programas para mellorar a empregabilidade de colectivos en paro.

Unha nova convocatoria de axudas dotada con 8,5 millóns de euros para apoiar a contratación de máis de 500 mulleres desempregadas.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que no marco deste programa darase tamén prioridade a colectivos que presenten máis dificultades de acceso ao mercado laboral como as vítimas de violencia machista, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

A Xunta destinará este diñeiro a máis de 180 entidades que ofrezan ás persoas desempregadas unha experiencia profesional que facilite a súa inserción no mercado de traballo; e apoiar ás entidades sen ánimo de lucro que traballan con colectivos que contan con máis dificultades para atopar un emprego.

Así, a Xunta farase cargo do salario e dos custos da Seguridade Social das persoas que resulten contratadas.

Tamén investirá 2,7 millóns para melloras e favorecer o emprego para as mulleres. Unha programa ao que poderán acceder un milleiro de persoas que estean rexistradas no servizo público de emprego en concellos de menos de 5.000 habitantes. Rueda apuntou que estas axudas están orientadas a campos como o emprego verde, o emprego dixital ou a economía dos coidados.

Nunha liña similar tamén se autorizaron 300.000 euros para convenios con tres entidades de mulleres rurais para que as usuarias poidan acreditar a súa experiencia no coidado de menores de 16 anos.

Recuperación de másas arbóreas autótonas

Outro edido no que tomaron medidas foi o forestal. Ampliaron as axudas en dous millóns de euros a plantacións de masas forestai de coníferas ou frondosas. Piñeiro do país, castiñeiro ou carballo, para repoñer outras especies ou zonas que non estén plantadas.

Axuda para a contratación de estudantes de doutorado

O presidente Rueda informou que se van destinar 12 millóns de euros para contratar titulados superiores que están a facer o doutoramento. Un plan de catro anos para 102 persoas.
 

Vivenda protexida

Aprobouse construir 40 novas vivendas protexidas no que antes era o antigo Parque Ofimático na Coruña, dentro do plan de desenvolvemento de vivenda protexida da Xunta. Contan con 7,7 millóns. Prevén comezar a construción dos edificios este ano para telos rematados no 2025. Rueda lembra que con estas serán 138 as vivendas públicas que impulsará o Goberno galego neste barrio.

Reparación de ponte Arnelas

Rueda tamén anunciou que a Xunta investirá 5,3 millóns de euros en reparar a ponte Arnelas, que une os concellos de Ribadumia e Vilanova de Arousa e pola que pasan 3.000 coches ao día. Pechárona ao tráfico en abril tras detectarse danos na estrutura. O presidente adianta que a reconstrución comezará en agosto co obxectivo de rematar os traballos a finais deste ano. Rueda destaca a rápida resposta da Xunta con esta obra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos