Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activado o aviso laranxa por altas temperaturas en Ourense e Pontevedra

Activado o aviso laranxa por altas temperaturas en Ourense e Pontevedra

O episodio de calor comezará previsiblemente ás 13:00 horas nas zonas do Miño de Ourense e de Pontevedra e nas Rías Baixas

G24.gal 31/07/2022 08:50

A Dirección Xeral de Emerxencias activou para este domingo a alerta laranxa por altas temperaturas nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), comezará sobre as 13:00 horas nas zonas do Miño de Ourense e de Pontevedra, así como nas Rías Baixas.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Xunta informou da situación aos concellos afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de Protección Civil para adoptar as medidas oportunas.

Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e as que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre.

Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. Aconséllase tamén manter unha hidratación axeitada, tomar comidas lixeiras, cubrir a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade