Atrásase a campaña da leña para calefacción debido ás altas temperaturas
Atrásase a campaña da leña para calefacción debido ás altas temperaturas
O metro cúbico véndese a 80 euros, mentres que o saco de pellets baixou ata os 4,50
Con temperaturas máximas mesmo por riba dos 20 graos na maior parte do país, a estas alturas do outono aínda non acabou de arrincar a campaña da leña para quentar as casas.
Nesta nave de Lugo almacénase leña de carballo tanto para as estufas como para as cociñas de ferro. A seca véndese a unha media de 80 euros o metro cúbico, dez euros máis ca a semiseca.
Juan Carlos Fernández Táboas, vendedor de leña: "Agora estamos moi tranquilos, por culpa da temperatura. En canto empece o frío, supoño que venderemos. Pero no mes de novembro e con estas temperaturas altas, pois non se vende moito".
Tampouco se animou polo momento o mercado dos pellets para caldeiras. Tanto é así, que os sacos de quince quilos mesmo baixaron de prezo con respecto ao inverno pasado.
Maribel Serén, traballadora da cooperativa Aira: "Este ano imos un pouco máis frouxos, debido ao bo tempo. Traballamos coa nosa propia marca, Pellets Asturias, e levámolos máis baratos ca o ano pasado. Arestora vendémolos a 4,95, coas existencias garantidas".
Tocante á biomasa, mantén o seu prezo de cento vinte euros a tonelada.