Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activado o aviso vermello por temperaturas de ata 44 graos en Valencia

Activado o aviso vermello por temperaturas de ata 44 graos en Valencia

Tamén hai risco importante por calor nalgunhas localidades de Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Cataluña e Rexión de Murcia

Un grupo de mozas refréscase na Cidade das Ciencias de Valencia. EFE/Miguel Ángel Polo Un grupo de mozas refréscase na Cidade das Ciencias de Valencia. EFE/Miguel Ángel Polo
G24.gal 20/07/2024 09:12 Última actualización 20/07/2024 09:44

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activa o aviso vermello entre a unha e as oito da tarde por máximas de ata 44 graos na Comunidade Valenciana. As temperaturas máis altas agárdanse na Costera e no Vall d'Albaida. No litoral serán algo máis suaves.

O risco por calor será importante (aviso laranxa) nalgunhas localidades de Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Cataluña e da Rexión de Murcia, onde os termómetros estarán entre os 38 e os 42 graos nas horas centrais do día.

Ademais hai aviso amarelo na Comunidade de Madrid, na foral de Navarra e nas illas Baleares, con máximas por riba dos 35 graos en moitos puntos.

Unha muller abánase en Valencia. EFE/Kai Försterling Unha muller abánase en Valencia. EFE/Kai Försterling
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade