Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez e Feijóo acúsanse de non cumprir coa Constitución

Sánchez e Feijóo acúsanse de non cumprir coa Constitución

O presidente do Goberno insta o PP a renovar o Poder Xudicial e cumprir coa Carta Magna

O líder da oposición alerta de que as alianzas do Goberno cos independentistas supoñen un perigo real para a Constitución

Vox sumouse aos grupos nacionalistas e non asistiu ao acto do Congreso 

O Congreso celebrou o 44 aniversario da Constitución
G24.gal 06/12/2022 08:44 Última actualización 06/12/2022 17:49

Formalmente é un día de celebración. A Constitución fai 44 anos. Pero en realidade o clima está tenso.

Goberno e PP nin tan sequera se poñen de acordo para substituír o termo diminuído. Unha reforma que dorme no Congreso desde hai máis dun ano.

A tensión acumúlase pola reforma da sedición pero tamén polo fracaso do último intento de renovar o Poder Xudicial. 

Feijóo estreábase como líder da oposición acompañado dos presidentes autonómicos do PP.  Di que o sometemento do Goberno aos grupos independentistas supón un perigo real para a Carta Magna. E apela aos votantes socialistas para que nas próximas eleccións "pidan volver ao compromiso e plena vixencia constitucional" que el se compromete a garantir.

Pedro Sánchez defende os seus aliados en acusa o PP e Vox de situarse fóra da Constitución ao non permitir "un acordo para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial". Polo contrario, defendeu os seus pactos transversais no Congreso con nacionalistas e independentistas. O presidente do Goberno insiste en que os seus pactos "benefician a cidadanía e buscan reforzar o estado do benestar". Unha idea na que coincide con Podemos. 

Entre as ausencias, as tradicionais de Esquerra, Bildu, PNV ou BNG. Pero este ano tampouco asistiu Vox. Din que non queren compartir acto cun Goberno que pisa a Carta Magna cada día. 

Tampouco asistiron dous dos baróns máis críticos con Pedro Sánchez: o presidente de Aragón e o de Castela-A Mancha. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade