Adiado o Obradoiro-Breogán do luns polos casos de covid no equipo santiagués
Adiado o Obradoiro-Breogán do luns polos casos de covid no equipo santiagués
O Obradoiro comunicou dous novos positivos, ten en total 5 no seu cadro de xogadores máis dous no corpo técnico
Outros dous xogadores do Monbus Obradoiro positivos en coronovairus logo dos test PCR.
Isto fai que o número de infectados por covid no cadro de xogadores chegue a 5 casos, ademais dun técnico e un asistente.
Os dous xogadores que deron positivo permanecen illados nas súas casas, seguindo o protocolo sanitario e os resultados foron notificados á liga ACB, quen decidiu adiar o partido.
Os dous primeiros casos, un xogador e un axudante de Moncho Fernández, foron detectados na véspera do encontro entre o Obra e o San Pablo Burgos do pasado 18 de decembro, e o resto logo das celebracións do Nadal.
As probas PCR realizadas ao equipo detectaron 2 novos casos positivos en COVID-19.
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) December 31, 2021
A @ACBCOM acaba de comunicar o aprazamento do partido correspondente á xornada 16, programado para este luns, entre o Monbus Obradoiro e o Río Breogán.
ℹ️ https://t.co/1RhuNWNTwA pic.twitter.com/xOUnhn7THO
Moito ánimo aos compañeiros do @OBRADOIROCAB, pronta recuperación aos afectados, e que todo vaia ben para pronto poder visitar o Sar. Forza https://t.co/uFUg3ndGz9
— Río Breogán (@CBBreogan) December 31, 2021