Adif cortará tres días a liña Ourense-Santiago para instalar o sistema de freada ERTMS
O corte do tráfico de trens producirase no treito Ourense-Santiago os días 22, 23 e 24 de abril
O Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviario) interromperá o tráfico durante tres días este mes de abril no eixo atlántico de alta velocidade e nas proximidades da estación de Santiago de Compostela para levar a cabo a instalación do sistema de control de velocidade ERTMS.
O corte do tráfico de trens producirase no tramo Ourense-Santiago os días 22, 23 e 24 de abril, informaron este venres diversos medios de comunicación, restablecéndose o tráfico o martes 25 de abril.
Entre os tramos onde se instalará o citado sistema figura a curva da Grandeira, a poucos quilómetros da estación de Santiago, onde fai case dez anos se produciu o accidente do Alvia que deixou 80 vítimas mortais e 140 persoas feridas.
Jesús Domínguez, presidente da Asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155, constituída por mor do accidente, considerou que o sistema de protección ERTMS "podíase levar ata a estación de Santiago sen problema porque tecnicamente era viable, o que pasa é que había présas por inaugurar e evidentemente instalalo supoñía un atraso".
Durante os tres días que duren os traballos, Renfe poñerá en marcha un plan alternativo de transporte de viaxeiros.