Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben brilla na Sin Son con triunfo e récord da proba

Adrián Ben brilla na Sin Son con triunfo e récord da proba

G24.gal 19/12/2021 11:41

Adrián Ben, finalista no último mundial e Xogos Olímpicos na proba de 800 metros, deulle lustre á carreira popular Sin Son de 10 quilómetros que une as localidades de Portosín e Porto do Son.

O viveirense acadou o triunfo e bateu a mellor marca histórica da proba cun tempo de 29:11. Ben tivo un man a man con Álex Fernández ao que deixou a dous quilómetros da meta. Fernández fixo 29:33, tamén unha gran marca. Anxo Castro completou o podio. 

Na categoría feminina o duelo foi entre Laura Santos e Esther Navarrete resolto a prol da primeira logo dun ataque a tres quilómetros do final. A marca de Laura Santos tamén entra nos libros da proba xa que gañou con 33:54. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade