Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben: "Despois da medalla o que me vén é un montón de motivación"

Adrián Ben: "Despois da medalla o que me vén é un montón de motivación"

O flamante campión de Europa de 800 m atendeunos desde a súa casa na Mariña

Foto EFE
G24.gal 07/03/2023 16:35 Última actualización 07/03/2023 16:49

Cando un cumpre un soño ás veces tarda uns días en asimilalo. Iso é o que lle está acontecendo a Adrián Ben.

O flamante campión de Europa de 800 m atendeunos desde a súa casa na Mariña e falounos deste inesquecible paso polo europeo de Istambul

Foi unha vitoria traballada, coidando ata o máis mínimo detalle. Adrián saíu cunha estratexia clara, decidido a facer a súa carreira non a que outros lle obrigaran a correr. Buscou o seu momento e atacou a falta de 220 metros.

"Despois da medalla o que me vén é un montón de motivación"

Inconformista e ambicioso, os soños de Adrián Ben non teñen límites. O mundial e os Xogos están cada vez máis preto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade